Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns vándalos pintan con spray a Ponte Romana de Ourense

Uns vándalos pintan con spray a Ponte Romana de Ourense

Piden máis protección para un dos tres símbolos da cidade

A Ponte Vella ten as súas orixes no século I como parte da Vía Nova

G24.gal 18/10/2024 14:02

Uns vándalos pintan con spray a Ponte Vella de Ourense. Con orixes romanas, é un dos tres símbolos da cidade xunto coas Burgas e a catedral. Piden máis vixilancia para evitar estas desfeitas no patrimonio e que dean cos autores. 

Os ourensáns descobren indignados as novas pintadas na ponte romana.

Todos os arredores da ponte Vella están cheos de graffitis, pero que pinten un dos tres símbolos de Ourense, monumento histórico e Ben de Interese Cultural é, denuncian, unha falta completa de civismo.

A primeira ponte sobre o río Miño na cidade de Ourense ten orixes no século I como parte da vía nova, pero foi na Idade Media cando se reconstruíu. Piden a súa protección.

Limpar graffitis en pedra é moi custoso e non de todo efectivo. Danar o patrimonio é delito, acarrea multas e ata penas de cárcere.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade