Cargando resultados...
Héctor Galán: "O obxectivo do Obradoiro é ser primeiro"
Héctor Galán: "O obxectivo do Obradoiro é ser primeiro"
O director deportivo do Obra espera ter canto antes o novo técnico
G24.gal
18/12/2024 12:17
Última actualización 18/12/2024 12:23
Fran Hernández e Ricardo Rey, ata o de agora técnicos axudantes do destituído Gonzalo Rodríguez Palmeiro, dirixirán o Monbus Obradoiro no partido do próximo venres contra o Castellón, á espera de que a dirección deportiva elixa o substituto do adestrador santiagués.
“Agora mesmo non hai ninguén que coñeza mellor ao equipo que Fran porque leva traballando con todos eles desde a primeira sesión”, manifestou o director deportivo do Obradoiro, Héctor Galán.
Galán espera ter canto antes o novo técnico.
"Son dous nomes que chegaron (Félix Alonso e Jota Cuspinera). Coñezo a Félix desde hai moito".
"O obxectivo é ser primeiro".