Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pintan cadros no cole e intercámbianos por libros que enviarán a Valencia

Pintan cadros no cole e intercámbianos por libros que enviarán a Valencia

Trátase dunha iniciativa das mestras do CEIP Pío XII de Santiago para axudar a reconstruír a biblioteca dun colexio de Algemesí afectado pola dina

G24.gal 17/12/2024 21:16

Iniciativa de empatía e solidariedade, a do CEIP Pío XII de Santiago. A rapazada pintou cadros para cambialos por libros que van enviar a outro colexio de Valencia afectado pola dina. Pretenden axudarlles así a reconstruír a súa biblioteca.

A idea era ir máis aló dunha donación, que a cativada de Educación Infantil axudase a recuperar a biblioteca co seu esforzo. Foron poñéndose no lugar dos alumnos que quedaron sen libros e puxéronse a pintar con ganas de axudar. 

Trátase dunha idea das súas mestras, que contactaron co colexio Carme Miquel de Algemesí, practicamente destruído como consecuencia da dina. Montaron un pequeno mercado para intercambiar as pinturas polos libros que viaxarán a Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade