Curas e gardas civís enfróntanse en Boiro nun partido de fútbol solidario
Curas e gardas civís enfróntanse en Boiro nun partido de fútbol solidario
O partido reuniu 1300 espectadores no campo de Vista Alegre
A recadación, arredor de 4700 euros, irá destinada a Cáritas de Boiro
Este partido benéfico vénse disputando desde o 2017
Os de amarelo son os que levan sotana e misaron esta mañá nas súas parroquias.
"A táctica é facer o que podamos", di Alfonso Mera, párroco de Ribeira
Os de verde, coa súa cor habitual, son os da Garda Civil.
"É un partido moi disputado, eles vanse cansar antes e nós imos aproveitar a nosa oportunidade", di un garda civil
A pesar das boas relacións entre os dous equipos, o árbitro prevía que o partido podía ser complicado.
"Si, complicado, pode haber moito lío"
Curas e garda civís foron rivais no campo co obxectivo de recadar fondos para Cáritas.
"Facemos unha boa acción neste tempo de Nadal en favor dos máis necesitados,, xa que toda a recadación das entradas vai para Cáritas", explica Juan Carlos Martínez, párroco de Bealo.
"Está organizado polo clero, nós somos colaboradores e convidados", asegura
Javier Bouza, da Garda Civil de Boiro.
O campo de Vistalegre de Boiro, con 1300 espectadores, rexistrou a mellor entrada da temporada.
"Eu vou polos curas porque eu pensei que os gardas, pola profesión que teñen, estaban máis activos, tiñan que ter un pouco máis de espíritu", di un espectador.
"Eu vou cos curas porque son os que nos van enterrar", di outra espectadora
Finalmente, a Garda Civil impúxose por 5 a 2, aínda que para os dous equipos o máis importante non era a o resultado, senón a recadación: 4700 mil euros con fins solidarias.