Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha rede por traficar cocaína camuflada entre especias alimentarias

Detida unha rede por traficar cocaína camuflada entre especias alimentarias

Os encargados da parte loxística da organización foron detidos en Madrid e Málaga

Ocultaban uns 42 quilos de droga mesturada entre os 1.800 quilos, supostamente de cúrcuma; unhas 200 mil doses.

Os envíos procedían de Colombia en botes e bolsas con etiquetaxes de marcas rexistradas do país suramericano

Cocaína camuflada en cúrcuma. Imaxe facilitada pola Garda Civil Cocaína camuflada en cúrcuma. Imaxe facilitada pola Garda Civil
G24.gal 15/12/2024 10:00

A Garda Civil detivo a tres persoas e investigado a outras catro pertencentes a unha rede criminal que traficaba cocaína oculta en botes de especias alimentarias desde Colombia a España

Axentes da Garda Civil detectaron o envío irregular de especias alimentarias no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas procedentes de Colombia. Concretamente tiñan como destino unha nave comercial en Badaxoz, pertencente a unha empresa distribuidora de mercadorías.

O Equipo contra a Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil de Badaxoz foi o que iniciou unha investigación e interceptou unha partida de 1.800 quilos, supostamente de cúrcuma, pemento ou tomiño, entre outras especias, cando se recibía nesta nave industrial.

Da análise da mesma verificáronse as falsas etiquetaxes dos envases que contiñan as especias, con marcas comerciais rexistradas do país suramericano co obxectivo de darlles aparencia legal.

Segundo relata a Garda Civil, nun primeiro exame de detección de substancias estupefacientes lanzou un resultado positivo na existencia de cocaína camuflada entre os diferentes condimentos incautados.

Cos indicios evidentes da existencia dun delito contra a saúde pública, detívose ao responsable da empresa comercial, destinatario da mercadoría, e investigouse a dúas dos seus traballadores.

No laboratorio de toxicoloxía de Sevilla, a Garda Civil atopou ocultos, mesturados e camuflados entre as especias, un total de 42 quilogramos de cocaína que supoñerían case 200 mil doses.

Durante o desenvolvemento da investigación para tratar de descubrir a trama delincuencial, os axentes tamén puideron implicar a unha veciña de Madrid de nacionalidade colombiana con vinculación familiar co responsable do envío no país de orixe, así como a tres veciños de Málaga, quen se encargaba supostamente da loxística do envío tanto para a extracción da droga como para a súa posterior distribución no noso país.

Con todas as probas incriminatorias, en colaboración con Unidades da Garda Civil de Madrid e Málaga, en total os axentes detivéron a tres persoas e investigadas outras catro.

A todos os integrantes do grupo están acusados de ser os presuntos responsables do transporte, recepción, distribución e tráfico de substánciaa estupefaciente, así como pertenza a organización criminal.

Unha vez foron foron postos ao dispor da autoridade xudicial correspondente de Badaxoz e Madrid, e foi decretado o ingreso en prisión tanto do veciño de pacense responsable da empresa distribuidora de mercadorías como da veciña de Madrid. 

 

 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade