Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido no Ecuador o responsable do maior alixo de cocaína incautado en Galicia

Detido no Ecuador o responsable do maior alixo de cocaína incautado en Galicia

A droga, máis de sete toneladas, foran comisadas hai un ano nun nave de Cambre

Imaxe da droga incautada en decembro de 2023 nunha nave de Cambre Imaxe da droga incautada en decembro de 2023 nunha nave de Cambre
G24.gal 13/12/2024 20:31 Última actualización 13/12/2024 20:46

Detido no Ecuador o responsable do maior alixo de cocaína comisado en Galicia hai agora un ano. En decembro de 2023, as forzas de seguridade incautaron máis de 7 toneladas de cocaína en Cambre na nave dunha empresa dedicada á importación de produtos conxelados de peixe do Ecuador.

Operación Gran Fénix 52

Unha operación coordinada entre as policías de España e do Ecuador permitiu desarticular en territorio ecuatoriano unha rede de narcotráfico que se dedicaba a enviar grandes cantidades de cocaína cara a Europa, a través do comercio marítimo internacional.

Nesta operación denominada Gran Fénix 52 levaron a cabo rexistros e comisaron tres vehículos, 12.000 dólares en efectivo, unha ducia de teléfonos móbiles e catro dispositivos de almacenamento de información.

A operación permitiu a detención do líder da organización criminal, coñecido como Carlitos. Hai outros sete detidos. Con estes arrestos, as policías dous dous países dan por desartellada a organización.

Un ano de investigación do maior alixo da historia de Galicia

Este operativo deuse despois de preto dun ano de investigacións e intercambio de información entre as policías do Ecuador e España, tras a incautación en territorio español en decembro de 2023 dun cargamento de 7,3 toneladas de cocaína, coa detención de cinco persoas ligadas a unha empresa de Galicia que importaba produtos conxelados de peixe do Ecuador.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade