Desmantelan unha base loxística para narcolanchas en Murcia
Desmantelan unha base loxística para narcolanchas en Murcia
A Garda Civil detivo oito persoas, comisou catro embarcacións dedicadas ao narcotráfico e 5.000 litros de combustible en Águilas
Axentes da Garda Civil detiveron oito persoas na localidade murciana de Águilas con catro lanchas semirríxidas e 5.000 litros de gasolina que eran utilizaban para o tráfico de drogas,
A investigación comezou en xuño e permitiu identificar a un grupo liderado por un coñecido delincuente asentado nese municipio e que estaba especializado en apoio loxístico a narcotraficantes con combustible e dispositivos de xeolocalización, así como facilitaba a ocultación das lanchas.
Actuaba cando as embarcacións de alta velocidade procedentes do norte de África chegaban á costa murciana supostamente cargadas de haxix, tras o que as levaban con varios tractores e unha ponte-guindastre de grandes dimensións ata unha nave de Águilas.
Unha vez que as condicións permitían reflotalas sen risco de ser detectadas, devolvíanas á auga co depósito cheo de combustible listas para regresar ao seu lugar de orixe. Os axentes rexistraron unha nave industrial e dous domicilios en Águilas, xunto a outro no municipio almeriense de Cuevas de Almanzora.
Os detidos están acusados como supostos autores de delitos de tráfico de drogas na modalidade de favorecemento e cooperación, contrabando, tenencia ilícita de armas e pertenza a organización criminal.
Interviñéronse ademais 10 coches, remolques, motos e tractores, a ponte guindastre, 10 dispositivos de xeolocalización e unha arma curta.
Esta operación non garda relación coa aberta o pasado 16 de novembro despois de que na estrada murciana RM 12 se producira un accidente pola caída dunha lancha á calzada descolgada do remolque dun vehículo que se deu á fuga. Este incidente causou a morte a dúas persoas e feridas a outras oito na localidade cartaxeneira do Algar.