Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o pedófilo que contactaba con menores de Pontevedra a través dun videoxogo

Ingresa en prisión o pedófilo que contactaba con menores de Pontevedra a través dun videoxogo

A Garda Civil arrestouno en Almería e incautouse de centos de imaxes e vídeos pornográficos protagonizados por menores

A investigación comezou a primeiros de ano tras a denuncia presentada polos pais dun neno de 12 anos da provincia de Pontevedra

 

G24.gal 11/12/2024 10:31

Ingresa en prisión o home detido en Almería acusado de pornografía infantil. O individuo contactaba con menores de idade de toda España a través dun videoxogo.

A investigación comezou a primeiros de ano en Cambados tras a denuncia presentada polos pais dun neno de 12 anos de Pontevedra, que denunciaban que un adulto contactara co seu fillo e lle pedía vídeos de contido sexual a cambio de mercarlle skins para avanzar nun videoxogo.

Os axentes comezaron a tirar do fío e deron con outros 15 menores vítimas desta actividade pedófila. O home chegou a desprazarse a distintos puntos de España para coñecer en persoa as súas vítimas, ás que chegou a agasallar cun ordenador e un teléfono móbil para gañarse a súa confianza.

No momento do arresto, a Garda Civil localizou na súa casa centos de imaxes e vídeos de contido pedófilo. O home ingresou en prisión despois de pasar a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade