Publicador de contidos
Publicador de contidos

Achan restos humanos dun bebé nunha planta de tratamento de residuos de Madrid

Achan restos humanos dun bebé nunha planta de tratamento de residuos de Madrid

Está a investigarse a procedencia do corpo localizado

Foto de arquivo (Alberto Ortega/Europa Press) Foto de arquivo (Alberto Ortega/Europa Press)
G24.gal 12/12/2024 11:59

Axentes da Garda Civil investigan o achado de restos humanos dun bebé dunhas dúas semanas de vida no complexo de reciclaxe da planta de tratamento de residuos do municipio de Loeches, en Madrid.

Ás 01:46 horas deste xoves recibiron o aviso por parte dos empregados do centro de reciclaxe e ata o lugar trasladáronse gardas civís de Loeches, do Equipo de Policía Xudicial de Arganda del Rey e da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Madrid.

Máis tarde, ás 05:50 horas, os axentes realizaron o levantamento do cadáver e traslado ata o Instituto de Medicina Legal para a realización da autopsia.

A Garda Civil solicita colaboración cidadá para tentar pescudar se alguén detectou a ausencia dalgún neonato nas últimas horas, que puidese acoutar a procedencia do recentemente nado.

En caso de que queiran achegar algún dato, rógase que chamen ao 062.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade