Publicador de contidos
Publicador de contidos

Correos permitirá aos clientes de Caixa Rural Galega a retirada e ingreso de en efectivo nas súas oficinas

Correos permitirá aos clientes de Caixa Rural Galega a retirada e ingreso de en efectivo nas súas oficinas

Poderánse realizar a través dos 2.388 departamentos de Correos e dos 6.000 carteiros e carteiras rurais

Permite realizar reribucións e reintegros de ata un máximo de 2.500 euros

Oficina de Correos (CORREOS) Oficina de Correos (CORREOS)
G24.gal 18/12/2024 12:10

Correos facilitará aos clientes de Caixa Rural Galega e outra decena de caixas rurais e Banco Cooperativo o acceso ao servizo de retirada e ingreso de efectivo a través das 2.388 oficinas de Correos e dos 6.000 carteiros e carteiras rurais.

O servizo, denominado Correos Cash, xa se atopa dispoñible e permite realizar ingresos e reintegros de ata un máximo de 2.500 euros, sen a necesidade de utilizar ningunha aplicación móbil ou ser usuario da banca dixital, xa que só é necesario presentar o documento de identidade (DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia) e facilitar os catro últimos díxitos do número da conta (IBAN) ou da tarxeta.

O principal obxectivo dese acordo é ampliar o acceso aos servizos financeiros básicos a toda a cidadanía, especialmente na España rural, para contribuír á inclusión financeira, con independencia da idade ou lugar de residencia, co menor desprazamento posible e funcionando tamén como un acordo marco ao que poden adherirse outras caixas rurais accionistas do banco.

Con este convenio, Correos pon ao dispor de Banco Cooperativo, e as súas caixas rurais accionistas, a súa rede de 2.388 oficinas e as preto de 6.000 carteiros e carteiras rurais, que sumado ás 1.380 oficinas e 5.042 profesionais que engloban as caixas rurais adheridas, permiten achegar a oferta a gran parte dos municipios españois das áreas de influencia, tamén nos situados no rural, así como ás persoas maiores ou con discapacidade que viven nese ámbito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade