Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tráfico mantense fluído en Galicia na primeira fase da operación do Nadal

O tráfico mantense fluído en Galicia na primeira fase da operación do Nadal

Ata o 7 de xaneiro prevense máis de 1.800.000 desprazamentos

G24.gal 22/12/2024 21:06 Última actualización 22/12/2024 21:21

A primeira fase da operación de tráfico do Nadal, que comezou o venres e que rematará a medianoite do mércores 25, discorre sen incidencias destacadas polas vías galegas. 

Ata pasado o Día de Reis, prevense algo máis dun millón oitocentos mil desprazamentos na comunidade. Isto representa un incremento do 15 % no volume de vehículos.

"Eu son taxista. Parei para tomar un café, pero estou traballando e efectivamente hai un fluxo grande de coches na estrada", di un condutor.

"Si que se notou que na entrada da Coruña e na saída hai moito máis tráfico, e na autoestrada tamén se nota un pouquiño máis", opina outro.

"Estas datas é o que teñen: moita xente que vén e vai", comenta un terceiro.

O Nadal é un tempo tanto de movementos de curto coma de longo percorrido, en especial cara a zonas comerciais, segundas residencias e áreas montañosas e enclaves turísticos de inverno.

"O coche collémolo sempre aínda que sexa na cidade e co tempo que vai ás veces é imposible no facelo, pero no meu caso creo que este ano vouno sacar pouco. Quedamos por aquí na casa", explica un home.

"De Bilbao, de Bilbao vimos. Acabamos de chegar agora mesmo. Temos familia aquí e vimos pasar as festas do Nadal", conta outro condutor.

"Teño a miña filla e o seu home aquí e veño pasar estes días", relata unha condutora.

Os responsables do Tráfico estruturaron un dispositivo especial de control arredor das fins de semana e das datas festivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade