Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro detidos en Ourense por roubos con forza en máis de doce vivendas

Catro detidos en Ourense por roubos con forza en máis de doce vivendas

Aos ladróns impútaselles, ademais, pertenza a grupo criminal e falsidade documental

Foto de aquivo (Garda Civil) Foto de aquivo (Garda Civil)
G24.gal 23/12/2024 10:41

A Policía Xudicial de Ourense detivo, nunha operación conxunta con Pontevedra e Lugo, catro persoas como autores de máis dunha ducia de furtos con forza en vivendas das tres provincias galegas, co que se dá por desarticulado o grupo criminal que operaba en Galicia roubando vivendas.

Segundo a Comandancia de Ourense, aos ladróns impútaselles, no marco da operación Jericó, trece delitos de roubo con forza, pertenza a grupo criminal e falsidade documental.

Os detidos foron sorprendidos na allada o pasado 19 de decembro na localidade pontevedresa de Tui cando se dispoñían a entrar a unha vivenda e, en rexistros posteriores efectuados nos seus domicilios, a Garda Civil localizou xoias e efectos que se corresponden cos obxectos roubados.

A operación, dirixida polo xulgado de Instrución do Carballiño (Ourense) segue aberta ao obxecto de esclarecer os feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade