Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil busca o presunto autor dun dobre atropelo intencionado en Valdoviño

A Garda Civil busca o presunto autor dun dobre atropelo intencionado en Valdoviño

A vítima tiña traumatismos por todo o corpo e ingresou no Complexo Hospitalairio Universitario de Ferrol

G24.gal 23/12/2024 08:36 Última actualización 23/12/2024 14:27

O atropelo ocorreu nunha vía do lugar de Taraza, que chega á praia de Meirás. A vítima estaba diante da casa da súa avoa cando un coche o levou por diante e logo volveu a pasarlle por riba.

Segundo conta un familiar da vítima, que vive preto de alí, o suposto autor do atropelo fuxiu a gran velocidade.

"Sentín os berros da miña tía, que é a avoa do rapaz. Pregunteille que pasaba e vin saír dous coches mangadísimos, había un coche azul clariño e outro detrás".

Logo, un veciño da zona que presenciou os feitos contoulle o que acontecera.

"Ese viu todo e dixo que un coche pisara un rapaz e logo dera marcha atrás, deu un golpe alí, desfixo o coche".

A vítima, que tiña traumatismos por todo o corpo, ingresou no Complexo Hospitalairio Universitario de Ferrol.

A Policía Xudicial da Garda Civil investiga o caso para dar co autor do presunto dobre atropelo intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade