O BNG felicita o Nadal cunha panxoliña tradicional cantada por Pontón e Mini
O BNG felicita o Nadal cunha panxoliña tradicional cantada por Pontón e Mini
Ambos interpretan o tema 'Falade ben baixo', unha canción de berce do cancioneiro popular galego e que se canta tradicionalmente en Nadal
O BNG felicitou o Nadal aos galegos mediante unha panxoliña tradicional cantada pola líder do BNG, Ana Pontón, e o exdeputado autonómico Xosé Luis Rivas 'Mini'.
Ambos interpretan o tema 'Falade ben baixo', unha canción de berce do cancioneiro popular galego e que se canta tradicionalmente en Nadal.
A canción, compartida este luns en redes sociais, foi gravada no paseo da Alameda de Santiago de Compostela e acaba cunha mensaxe de “Liberdade, paz e igualdade en Galicia e no mundo”.
A propia Pontón compartiu o vídeo nas súas contas nas redes sociais, e con esta canción “man a man” con Mini -que formou parte do grupo Fuxan vos Ventos- desexa unhas “felices festas a todos e a todas”.
Con esta panxoliña, man a man co meu queridísimo compañeiro Mini Rivas, quero desexarvos unhas moi Felices Festas a todos e a todas.
— Ana Pontón (@anaponton) December 23, 2024
𝗙𝗲𝗹𝗶𝘇 𝗡𝗮𝗱𝗮𝗹! pic.twitter.com/GBOMXGiYHD