Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG ameaza con retirarlle o apoio ao Goberno se lle concede axudas a Altri

O BNG ameaza con retirarlle o apoio ao Goberno se lle concede axudas a Altri

Néstor Rego anuncia que vai solicitar no Congreso esa denegación de fondos

G24.gal 18/03/2025 15:26

O Goberno xa estuda o proxecto de Altri en Palas de Rei. Debe decidir se lle concede 250 millóns de euros en axudas europeas. O BNG esíxelle que non llas autorice. Do contrario, ameaza con retirarlle o apoio no Congreso. 

O BNG anunciou que o seu deputado no Congreso, Néstor Rego, vai solicitarlle ao Ministerio de Industria na próxima sesión de control ao Goberno que se lle denegue á multinacional lusa Altri o acceso aos fondos públicos do PERTE de descarbonización para o proxecto GAMA, co que pretende implantar unha fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa no municipio lucense de Palas de Rei.

Rego anunciou que lle preguntará ao ministro de Industria, Jordi Hereu, “se o Goberno está en disposición de rexeitar a concesión de fondos do PERTE de descarbonización a Altri, tendo en conta que este proxecto non só non contribúe á redución da pegada ecolóxica, senón que aumentará a contaminación e o consumo excesivo de recursos naturais”.

“O BNG considera que destinar diñeiro público a unha iniciativa que vai en contra dos principios de sustentabilidade é inaceptable e supón unha traizón aos intereses da maioría social galega”, subliña o deputado nacionalista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade