Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia e Andalucía alíanse para reforzar os seus sistemas educativos

Galicia e Andalucía alíanse para reforzar os seus sistemas educativos

Alfonso Rueda e Juanma Moreno Bonilla critican o acordo para o repartimento de menores migrantes, condicionado polos independentistas, respaldan o acordo entre Mazón e Vox, e insisten na necesidade dun financiamento autonómico xusto

Alfonso Rueda e Juanma Moreno Bonilla este martes en Sevilla (Europa Press/Esther Lobato)
G24.gal 18/03/2025 10:21 Última actualización 18/03/2025 14:37

Galicia e Andalucía alíanse para reforzar os seus sistemas educativos. Os presidentes das dúas comunidades, Alfonso Rueda e Juanma Moreno Bonilla, asinaron un acordo en Sevilla para intercambiar experiencias e tecnoloxía.

O pacto permitirá que a Xunta adapte a plataforma dixital Séneca para a da formación e as prácticas, e pola súa parte o Goberno andaluz creará un centro de FP semellante ao de Ourense, onde as empresas buscan os perfís que necesitan entre o alumnado.

Rueda foi recibido por Moreno Bonilla no Palacio de San Telmo no que foi o segundo encontro institucional que ambas as comunidades autónomas celebran en Sevilla, despois do que se produciu en outubro de 2021, cando daquela o presidente da Xunta era Alberto Núñez Feijóo.

Porén, non estiveron tamén sobre a mesa outros asuntos de actualidade, como o financiamento autonómico e a condonación de parte da débeda das comunidades autónomas ou o recente acordo entre o Goberno e Junts para reformar a lei de estranxeiría e a repartición en distintos territorios de menores migrantes.

Rueda e Moreno Bonilla criticaron ese acordo por ser froito, din, da "chantaxe" de Puigdemont a Sánchez, e pediron afrontar a cuestión desde o consenso, dotando ás comunidades de medios e financiamento para a esa acollida de menores non acompañados.

En canto ao financiamento Rueda volveu pedir que o Goberno reúna ás Comunidades Autónomas para pactar entre todas un modelo xusto que permita atender as necesidades de todos os cidadáns.

"É imposible se quen ten que propiciar este acordo non está polo labor en absoluto", dixo en Sevilla. "É imposible" se non se promove, remachou. "Se nos sintan a Andalucía con Galicia, discutiremos, pero ao final estou seguro de que acordaremos", puxo como exemplo Rueda, que profundou, a preguntas da prensa, en que "todos os signos que deu ata o de agora" Pedro Sánchez son "de non querer" ir por esta vía.

"Eu pido unha vez máis ao Goberno central que nos reúna con urxencia", salientou o presidente da Xunta, e mostrou a súa seguridade de que "despois de non poucas discusións, como pasou sempre, chegaremos a un acordo onde todos cedamos para que todos gañemos".

O presidente andaluz, pola súa parte, centrou as súas críticas na vicepresidenta primeira e responsable de Facenda, María Jesús Montero, tamén líder do PSOE de Andalucía, de quen dixo que non ten intención de propoñer un modelo a causa das demandas dos independentistas cataláns que "queren comer aparte".

Os dous presidentes, ademais, defenderon o pacto ao que chegou Carlos Mazón con Vox para sacar adiante os presupostos da Comunidade Valenciana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade