Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Axencia Tributaria estatal e a catalá xestionarán xuntas o imposto de circulación como antesala á cesión do IRPF

A Axencia Tributaria estatal e a catalá xestionarán xuntas o imposto de circulación como antesala á cesión do IRPF

O pacto entre o PSC e ERC prevé que a transferencia do imposto da renda se faga efectiva no primeiro trimestre de 2026

G24.gal 28/02/2025 19:38 Última actualización 28/02/2025 19:53

A Generalitat de Cataluña e o Goberno central van xestionar xuntos, por primeira vez, o imposto de matriculación. É o primeiro paso, a modo de ensaio, para a cesión do IRPF á facenda catalá, que Esquerra Republicana pactou co PSC a cambio de investir a Salvador Illa. 

De momento, din, non é unha transferencia.

"Imos analizar en que ámbitos de xestión, e sen necesidade de facer cambios lexislativos, se lle poden dar máis competencias á administración tributaria de Cataluña. Desa maneira vaise materializando esa vontade de máis autogoberno", afirma Jesús Gastón, secretario de Estado de Facenda.

O pacto dos socialistas con Esquerra prevé que Cataluña xestione o seu IRPF no primeiro trimestre de 2026, sobre a base xa dun modelo de financiamento singular que aspira á cesión de todos os impostos.

"Temos que facer que a Axencia Tritutaria de Cataluña sexa a que xestione todos os tributos que xenera Cataluña. É un reto moi importante pero a nosa axencia de momento non está preparada e temos que traballar conxuntamente coa Axencia Tributaria Española", sostén Alicia Romero, conselleira de Economía da Generalitat.

Na mesma xuntanza, Goberno e Generalitat comprometéronse a ampliar o corpo dos Mossos d'Esquadra ata os 25.000 axentes nos próximos cinco anos. Son 6.000 máis dos que hai agora mesmo. O ministro do Interior afirma que este incremento non minguará a presenza doutros corpos policiais en Cataluña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade