Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa sofre un "repentino" empeoramento respiratorio tras unha crise de broncoespasmo

O papa sofre un "repentino" empeoramento respiratorio tras unha crise de broncoespasmo

Os médicos necesitarán entre 24 e 48 horas para facer unha valoración sobre como lle afectará esta crise de broncoespasmo

O papa francisco na súa audiencia semanal do 5 de febreiro. REUTERS/Remo Casilli - Directo: Exterior do Hospital Gemelli. Reuters O papa francisco na súa audiencia semanal do 5 de febreiro. REUTERS/Remo Casilli - Directo: Exterior do Hospital Gemelli. Reuters
G24.gal 28/02/2025 19:24 Última actualización 28/02/2025 20:17

O papa Francisco sufriu este venres unha crise "illada" de broncoespasmo e un "repentino" empeoramento do seu cadro clínico respiratorio, aínda que respondeu "ben" á terapia, informou a Santa Sé.

"O Santo Padre, tras unha mañá facendo fisioterapia respiratoria e en oración na capela, presentou unha crise illada de broncosespasmo que determinou un episodio de vómito con inhalación e un repentino empeoramento do cadro respiratorio", lese no boletín diario vaticano.

Os médicos necesitarán entre 24 e 48 horas para facer unha valoración sobre como lle afectará esta crise de broncoespasmo (repentino estreitamento do conduto bronquial), segundo fontes vaticanas.

O pontífice, de 88 anos, atópase hospitalizado dende o pasado 14 de febreiro por unha bronquite con infección polimicrobiana á que se sumou  unha neumonía bilateral e, aínda que o seu prognóstico segue sendo reservado, onte comunicouse que deixara atrás a fase crítica.

Tras a crise, as súas bronquios foron prontamente aspirados e empezou coa ventilación mecánica "non invasiva" cunha "boa" resposta aos intercambios gaseosos, é dicir, a capacidade dos pulmóns de aspirar oxíxeno e devolvelo ao organismo.

Francisco, con todo, estivo "sempre lúcido e orientado" e "colaborando coas manobras terapéuticas".

O prognóstico seguirá "reservado". Esta mañá, no seu décimo quinto día hospitalizado, o papa recibiu a Eucaristía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade