Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendido o pregón do Entroido de Lugo ao sufrir un infarto a alcaldesa Paula Alvarellos

Suspendido o pregón do Entroido de Lugo ao sufrir un infarto a alcaldesa Paula Alvarellos

Foi trasladada en ambulancia ao HULA, onde permanece estable á espera dun cateterismo

A alcaldesa Paula Alvarellos/Carlos Castro/Europa Press A alcaldesa Paula Alvarellos/Carlos Castro/Europa Press
G24.gal 28/02/2025 23:14

O pregón do 'Entroido' en Lugo, que ía pronunciar na noite deste venres Branca Villares na Praza Maior, quedou suspendido ao sufrir un infarto a alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos (PSOE).

A rexedora desmaiouse, polo que inicialmente creuse que podía ser outro tipo de indisposición. Estivo inconsciente varios minutos.

Fontes da súa contorna explicaron que, tras recibir unha primeira atención no lugar, foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) en ambulancia e acompañada dos efectivos sanitarios desprazados ao momento.

As mesmas fontes ratificaron que a alcaldesa recuperou a consciencia, permanece estable e ingresada no hospital, onde se lle realizarán as actuacións médicas que correspondan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar