Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baiona regresa ao século XV para celebrar a Arribada

Baiona regresa ao século XV para celebrar a Arribada

A festa que conmemora a chegada da Pinta á vila tras a descuberta de América coincide este ano co Entroido

Posto de artesanía na Arribada de Baiona
G24.gal 28/02/2025 16:53 Última actualización 28/02/2025 17:42

O Entroido coincide este ano coa celebración da Arribada. Dende este venres ata o próximo domingo en Baiona viaxan ao século XV para conmemorar a chegada da carabela Pinta coa nova da descuberta de América.

Comeza alí unha festa de Interese Turístico Internacional na que recibirán milleiros de visitantes. O mercado medieval, as representacións teatrais, a música e a gastronomía serán protagonistas nunha vila xa ataviada para a ocasión.

Retroceder no tempo máis de cincocentos anos require ataviarse para a ocasión. "Vén moita xente de fóra. Entre encargos, unha cousa e outra, estamos saturados", "a xente que se quere vestir, quere cada ano ir distinta", contan dúas costureiras da localidade.

Esta fin de semana as rúas da vila transformaranse nun mercado medieval. "Nós empezamos sempre antes porque todo o que temos, témolo que fabricar", conta un artesán.

Esgrima, cetrería, exposicións, pasarrúas, música e gastronomía serán os protagonistas dunha festa para a que están preparados tanto os de fóra como os da casa.

Na praia de Ribeira tamén ultiman preparativos para un dos pratos fortes da festa. Será o domingo coa recreación da chegada de Pinzón a bordo da Pinta coa nova da descuberta de América.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade