Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Lourenzá son tradicionais os mazapáns, uns doces de Entroido menos coñecidos

En Lourenzá son tradicionais os mazapáns, uns doces de Entroido menos coñecidos

Son boliños cun sabor similar ao das orellas pero cunha textura máis esponxosa

 

Presentación dos mazapáns recheos de crema e cortados
Félix Aragunde Imaxe: Jose Lamas 26/02/2025 20:39 Última actualización 26/02/2025 20:52

Teñen a aparencia duns boliños fritos, mentres que o seu sabor recorda o das orellas, cunha textura máis esponxosa. Son os mazapáns de Lourenzá, un doce non tan coñecido, pero non menos tradicional destas datas de Entroido.

Rafael Cabaleiro, panadeiro: "Nas aldeas, como San Tomé, Santo Adrao ou San Xurxo, fanse cantidades inmensas deste doce e repártense entre as familias. Os que mellor os facían sempre repartían para os outros".

Os ingredientes son os mesmos das orellas, aínda que os mazapáns non levan leite. É dicir, fariña, fermento, ovos, manteiga, azucre, sal, anís e, non menos importante, pel relada de limón. Tocante ao seu nome, os máis anciáns xa o chamaban así, malia non teren nada que ver cos doces de améndoa.

Nélida Cajoto, laurentina de 92 anos: "Meu pai era moi confeiteiro e gustáballe moito facer mazapáns e freixós. Sempre nolos facía. E nós, encantadas da vida".

Unha vez fritos, os mazapáns pódense reencher con crema e adóitanse servir cortados. Xunto con esta sobremesa, outros doces típicos destas datas en Lourenzá son os ósos de Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade