Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta anuncia un novo programa de retorno de científicos galegos no exterior

A Xunta anuncia un novo programa de retorno de científicos galegos no exterior

A Fundación Galtia aspira a captar 30 investigadores de máximo prestixio mundial

Dende a rede de asociacións de investigadores e científicos españois no exterior calculan que estamos a perder uns 9.000 talentos

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 28/02/2025 17:10 Última actualización 28/02/2025 20:56

A Consellería de Educación e Ciencia anuncia un novo programa de retorno de científicos galegos no exterior para completar a maior aposta polo talento nunca feita. A Fundación Galtia, aprobada este mes de febreiro, aspira a captar 30 investigadores de máximo prestixio mundial. Outros 20 xa traballan no país grazas a outro programa da Xunta, o Oportunius.

Manuel Souto, químico sintético, traballa co seu equipo na Universidade de Santiago na fabricación de baterías máis eficientes, sostibles e éticas a partir de moléculas orgánicas.

"Son materiais puramente orgánicos baseados en elementos abundantes como carbono, hidróxeno, oxíxeno e nitróxeno. O que ten de particular é que son sostibles e mellora a densidade enerxética destes materiais, é dicir, a enerxía que son capaces de acumular", explica Manuel Soto.

Tras acadar un currículo excelente fóra, volveu hai un ano e medio para Galicia grazas ao programa Oportunius que capta investigadores con bolsas ERC, as máis prestixiosas de Europa.

"Están xerando un ecosistema científico moi interesante en Galicia, non só co programa Oportunius, tamén con outros programas financiados pola Xunta e están sendo capaces de atraer moitos grupos de investigación que fomentan moito esta colaboración entre grupos e fan investigación de excelencia", afirma Manuel Soto.

Malia que mellorou nos últimos anos, grazas a programas coma estes a carreira de investigador en España é moito máis inestable que noutros países europeos.

Dende a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos españois no Exterior calculan que estamos a perder uns 9.000 talentos. Piden facilidades para que quen queira regresar, poida.

"Non falamos só do retorno de talento, senón que consideramos que o talento é internacional e é preciso atraelo, tanto o talento español que estea fóra como o de xente estranxeira. É certo que vemos que vai mellorando, pero aínda se debe mellorar moito máis", sostén Rodrigo García, presidente da Rede de Investigadores Españois no Exterior.

Ademais, dous programas que xa están atraendo investigadores ao país, a Consellería de Educación e Ciencia acaban de anunciar a maior aposta polo talento nunca feita, o que situará Galicia, di, á cabeza de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade