Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Entroido galego será declarado "nos vindeiros días" Ben de Interese Cultural

O Entroido galego será declarado "nos vindeiros días" Ben de Interese Cultural

Con este, Galicia pasará a sumar 784 Bens de Interese Cultural existentes na comunidade

Celebración do Domingo de Piñata durante o Entroido de Xinzo da Limia/Rosa Veiga/Europa Press Celebración do Domingo de Piñata durante o Entroido de Xinzo da Limia/Rosa Veiga/Europa Press
G24.gal 27/02/2025 20:46 Última actualización 27/02/2025 22:47

O conselleiro de Cultura, José López Campos, anunciou que a Xunta declarará "nos próximos días" o Entroido galego como Ben de Interese Cultural na comunidade.

Con motivo dunha visita realizada ao Museo do Entroido, de Xinzo da Limia, en Ourense, cuxo entroido está declarado de Interese Turístico Internacional, xustificou esta decisión tras ter en conta que é unha das tradicións "con maior arraigamento popular" en Galicia e, por tanto, con gran "relevancia no noso patrimonio inmaterial".

Os trámites para esta distinción comezaron en 2024 coa finalidade de "darlle o xusto valor e recoñecemento a unha das celebracións máis estendidas, queridas e populares de Galicia".

Campos reivindicou o seu "interese etnolóxico, función social e a súa riqueza cultural e patrimonial" que converten o Entroido nunha das celebracións "máis plurais, ricas e diversas", destacando a súa "espírito lúdico", o que propicia "a sociabilidade e a convivencia interxeracional, fortalecendo unha identidade colectiva".

Con este, Galicia pasará a sumar 784 Bens de Interese Cultural existentes en Galicia. Deles, 111 contan con esta declaración desde a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, "unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno por protexer, conservar e poñer en valor o patrimonio", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade