Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta ve "futuro esperanzador" para o galego e pide menos "extremismos" e máis diálogo

A Xunta ve "futuro esperanzador" para o galego e pide menos "extremismos" e máis diálogo

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participou nos actos polo 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, a alcaldesa de Santiago e outras autoridades participaron nos actos de homenaxe a Rosalía de Castro
G24.gal 23/02/2025 11:33

Un "escenario futuro esperanzador" para o galego pola vía de "menos extremismos" e máis diálogo é a mensaxe que este domingo quixo trasladar o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nos actos polo 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Na ofrenda floral en memoria da "ilustre" e "universal" escritora galega, o titular deste departamento pediu menos "disputas", "extremismos" e "posicións de máximos", e máis "diálogo", "entendemento" e "equilibrio".

"Nese punto debemos atoparnos", dixo ao ser preguntado pola prensa xusto o día en que Galicia mobilízase pola súa lingua cunha manifestación convocada en Santiago pola plataforma Queremos Galego, apoiada por máis de 600 colectivos, nun momento no que as enquisas detectan un descenso dos falantes do galego, especialmente nas xeracións máis novas.

López Campos falou da necesidade de actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, dixo que niso se traballa e cargou contra "persoas que se dedican a ir a reunións a boicotear", con "posicións maximalistas que non permiten chegar a acordos".

"Tendemos a man", asegurou, con todo, "pero dentro dun marco razoable". E concluíu López Campos coa mensaxe de que "a fórmula" de resolver non é "exclusivamente detrás dunha pancarta". 

Unha pioneira na recuperación da lingua galega

Rosalía de Castro naceu en Santiago o 23 de febreiro de 1837. 188 anos despois, insititucións e entidades culturais reivindican o seu legado como pioneira na recuperación da lingua galega, que hoxe perde falantes entre a poboación máis nova.

Cunha  ofrenda floral e unha alborada comezaba unha xornada para reivindicar a vixencia das ideas e das causas que moveron a escritora máis relevante do século XIX que ten Galicia. 

Rosalia sempre estivo defendendo a nosa cultura e o noso idioma é un referente para todos nós. Ela igual que nós, A Fundación Rosalía está preocupada, polo futuro da nosa lingua. Avanzouse en moitos aspectos pero hai un crucial, o uso do galego pola xente máis nova e aí Rosalia estaría a pé de obra para que ese galego non se perdese na transmisión familiar, di Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

"Sería unha Rosalía europeista, galeguista e estaría pensando que Galicia debera xestionar máis competencias , creo que estaría moderada satisfeita coa Galicia que temos hoxe di Xosé López, Conselleiro de Cultura.

"Rosalía continuaría arrepiada de que teñamos que seguir traballando na transmisión xeracional do galego e que teñamos  que seguir traballando no seu uso, sobre todo nas xeracións máis novas. Se Rosalía de Castro estivese hoxe aquí diría "hai que mobilizarse, hai que reivindicar ese dereito ao uso do galego", di Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago.

Autora comprometida coa identidade, co pobo, coa liberdade e rebelde coas inxustizas... a súa figura é un referente para persoeiros de distintos ámbitos da cultura é da política. No Museo do Pobo Galego, continuou a celebración na que se leu e se cantou a Rosalía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade