Publicador de contidos

Publicador de contidos

Andy Chichester, o mestre estadounidense que triunfa nas redes sociais falando galego

Andy Chichester, o mestre estadounidense que triunfa nas redes sociais falando galego

Andy leva catro ano difundindo contidos en galego en Instagram, Youtube e X, onde ten milleiros de seguidores

Decidiu aprender galego grazas ao seu fillo maior, que viviu tres anos na Coruña

Esta fin de semana participa no Festival Carballo Interplay

G24.gal 26/04/2025 14:29

"¡Ola meus!, ¿Como estamos? "¡Saúde fenómenos! ¿Como andamos?

Andy Chichester fala galego con acento de New York. Visitiu Galicia por primeira vez no ano 87, cando estudaba filoloxia hispánica en Salamanca. Hai catro anos, grazas ao seu fillo maior, decidiu aprender galego de xeito autodidacta. 

"O meu fillo viviu na "Coru" e fomos de visita como familia, e dende entón comecei a aprender galego"

Andy é mestre dunha escola infantil na localidade de Potsdam, preto da fronteira co Canadá. Para practicar o galego comezou a publicar vídeos coma estes nas redes sociais. Desde entón ten milleiros de seguidores.

"É un xeito de practicar, o beneficio disto é coñecer moita xente polas redes, teño milleiros de amigos galegos por todo o mundo"

Grazas ao seu éxito nas redes foi convidado a participar no festival Carballo Interplay, onde unha vez máis defendeu o uso do galego.

"A cultura galega é moi importante. Como podes ser galego sen saber falar galego? O galego é unha lingua fermosa e vital. Hai que falala. Digo "malo será" moitas veces,  ou "eu que sei". Son expresións que uso acotío"

Maña marcha de volta para os EEUU, pero en xullo volverá a Galicia coa súa familia. De guía fará o seu fillo, quen —segundo di— fala o galego aínda mellor ca el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade