Publicador de contidos

Publicador de contidos

A capela de Cortegada renace das ruínas para ser o centro de acollida dos visitantes da illa

A capela de Cortegada renace das ruínas para ser o centro de acollida dos visitantes da illa

O proxecto levou unha década de planificación e execución e un investimento de 700.000 euros

Cultura e Medio Ambiente asinaron un convenio para realizar outras iniciativas neste espazo do Parque Natural das Illas Atlánticas

G24.gal 10/04/2025 15:10

Os que visiten a illa de Cortegada a partir de agora vanse atopar cunha estampa moi distinta. A antiga capela, que era unha pura ruína, volve estar en pé. O traballo custou unha década de planificación e execución e un investimento de 700.000 euros da Consellería de Cultura. O conselleiro José López Campos e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, inaugurárona este xoves como centro de recepción de visitantes da illa.

Na visita plantaron varias árbores para simbolizar o nacemento deste novo espazo e asinaron un convenio para colaborar en novas iniciativas para desenvolver a illa máis pequena do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Ámbolos dous coincidiron en destacar o potencial tanto etnográfico como ambiental tanto de Cortegada coma do resto Parque. Tamén tiveron unha mención especial para todos os veciños e profesionais que contribuíron á recuperación deste espazo.

"Estou convencido de que a illa de Cortegada vai seu un dos referentes do turismo nesta magnífica ría de Arousa".

López Campos lembrou que este proxecto se iniciou hai máis de dez anos grazas ao impulso duns soñadores que pensaban que Carril e Vilagarcía podían contribuír a dar máis impulso á ría de Arousa. 

A imaxes da capela en ruínas e da súa reconstrución formarán parte dos contidos do novo centro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade