Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha enfermeira enfróntase a seis anos e medio de cárcere por acceder 13 veces ao historial dunha familia

Unha enfermeira enfróntase a seis anos e medio de cárcere por acceder 13 veces ao historial dunha familia

A sentenza, contra a que cabe presentar recurso, tamén recolle a inhabilitación absoluta durante seis anos

Centro de saúde/Foto de archivo/Europa Press Centro de saúde/Foto de archivo/Europa Press
G24.gal 28/02/2025 16:32

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos e medio de cárcere unha enfermeira que traballaba no Servizo Galego de Saúde (Sergas) por acceder, sen o seu consentimento e en tres ocasiones, á historia clínica da nai dun compañeiro de colexio do seu fillo e, dez veces, á do menor.

O tribunal impúxolle o pago dunha indemnización de 2.000 euros a cada unha das vítimas e inhabilitación absoluta por tempo de seis anos.

A  Sala non considerou probado que a acusada puxese en coñecemento de terceiros datos ou feitos coñecidos a través dos accesos ao historial médico.

"É imposible que existise algún tipo de petición daquela ou do seu marido a esta para que entrase a través do programa IANUS nos datos médicos daqueles ou do seu fillo", conclúe o tribunal.

Destaca que "non ofrece dúbida" que a querelante e a acusada "romperon a relación en xuño de 2018", tras un problema xurdido na excursión de fin de curso dos seus fillos.

"Ese fin da relación é incompatible coa indemostrada hipótese dun consentimento xeral ou tácito para tales accesos que se quixo esbozar pola defensa", inciden os maxistrados.

Sobre a difusión de datos de saúde a terceiros, a sala sostén que "non pode aceptar que comentarios da porta de colexio" percibidos pola querelante ao coñecer que outros pais, aos que ela non diría nada, soubesen datos de saúde seus ou do seu fillo, permitan concluír que "a orixe deste coñecemento por terceiros estivese na acusada".

A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade