Olga Osorio: "As miñas películas van sobre como aprender a querer ben a alguén"
A película é unha adaptación da novela Elia Barceló protagonizada por Mario Casas, Michelle Jenner, Zoe Bonafonte e Enzo Oliver
Olga Osorio asina tamén o guión deste drama romántico rodado entre Cataluña e A Rioxa Alavesa
'El secreto del orfebre' chega hoxe ás carteleiras de todo o país
"De niño te conoci, entre mis sueños queridos
por eso cuando te vi reconoci mi destino"
É un anaco dun poema que seguro lle oístes cantar a Silvio Rodríguez. Eses versos escóitanse e cobran sentido na película El secreto del Orfebre. Hoxe esta película, dirixida por Olga Osorio, chega ás carteleiras de toda España. Mario Casas e Michelle Jenner encabezan o reparto deste drama romántico clásico baseado nunha novela de Elia Barceló. Osorio asina tamén o guión, no que volve xogar co tempo.