Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pilar Lorenzo e Mariña Bermúdez: "As cantigas de romaría son algo noso, non hai nada semellante na Europa medieval"

Pilar Lorenzo e Mariña Bermúdez: "As cantigas de romaría son algo noso, non hai nada semellante na Europa medieval"

Canticar é o nome dun dos proxectos do estudo Lírica galego-portuguesa que se desenvolveu no Centro Ramón Piñeiro

Recóllense todos os topónimos que figuran na lírica profana galego-portuguesa nun corpus dunhas 1.700 cantigas

Na web ArcGis pode consultarse un mapa interactivo coas localizacións dos lugares que se mencionan nuns 220 textos
 

Pilar Lorenzo e Mariña Bermúdez do proxecto 'Canticar'
G24.gal 27/02/2025 14:50 Última actualización 27/02/2025 16:30

Diss' a fremosa en Bonaval assy:
"Ay, Deus! Hu é meu amigo d' aqui,
de Bonaval?

Así comeza unha cantiga escrita polo trobador Bernal de Bonaval alá polo século XIII. Localizámolas consultando a web ArcGis, que nos permite explorar o mapa das cantigas da lírica galego-portuguesa. Esta é unha das ferramentas do proxecto Canticar impulsado polo Centro Ramón Piñeiro. Hoxe falamos coa directora do proxecto, Pilar Lorenzo, e coa encargada da parte técnica desta web, Mariña Bermúdez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade