Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xardín das delicias cheo de camelias na Pobra do Caramiñal

Un xardín das delicias cheo de camelias na Pobra do Caramiñal

Unha parella cultiva ducias de variedades de camelia na súa casa da Pobra do Caramiñal

Impulsan o coñecemento desta flor asiática a través de exposicións 

Traballan agora nun xardín con plantas representativas da flora galega

G24.gal 01/03/2025 14:56

Coma nun xardín das delicias vivente, José Ramón e Marisol, gozan da súa paixón polas flores, pero en concreto pola camelia. Dende a Pobra do Caramiñal converteron a súa ilusión nunha realidade.

"Con catorce anos meu pai trae unha camelia á casa. E a min estráñame por iso das flores no inverno. Entón empecei coller un certo apego a estas plantas", asegura José Ramón Teixeira, coleccionista e apaixonado das camelias.

No seu xardín contan cunhas 130 camelias de cincuenta variedades diferentes, unha planta de orixe asiática, que se desenvolve perfectamente en Galicia. Inicialmente asociada á fidalguía e aos pazos, a camelia acabou engalanando os balcóns de toda o territorio.

"É unha Margaret Davis, unha planta moi bonita sempre con esta cor mesturada, co branco, o rosa, e unha rosa máis intenso entre mesturas, que lle dá unha riqueza espectacular á flor", comenta José Ramón Teixeira ensinando unha das variedades máis prezadas que ten na súa leira.

Unha flor agradecida, que ten os seus coidados pero que dá moita satisfacción

"A planta vai para arriba. Se non a podas, non pasa nada. O único que tés que facer é recoller as flores que caen porque moitas delas teñen algún virus", ilustra Marisol Caméan, coleccionista de camelias.

Ademais dun proxecto de xardín que acolla moita da diversidade vexetal de Galicia, esta parella leva promocionando a súa paixón pola camelia en exposicións como a que van celebrar na Pobra a mediados deste mes. 

"Iso que sentes por dentro como as bolboretas no bandullo? Pois a min pásame un pouco coa camelia", sentenza José Ramón. 

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade