Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di na Festa da Arribada que este ano vai ser moi bo para o turismo en Galicia

Rueda di na Festa da Arribada que este ano vai ser moi bo para o turismo en Galicia

Baiona celebra esta fin de semana o 532 aniversario da chegada da carabela Pinta anunciando o descubrimento de América

G24.gal 01/03/2025 14:55

Alfonso Rueda participou en Baiona na festa da Arribada, declarada de interese turístico internacional. A vila celebra esta fin de semana o 532 aniversario da chegada da carabela Pinta anunciando o descubrimento de América.  

Nun dos concellos máis turísticos de Galica, Rueda augurou un 2025 moi bo para o sector e avogou por un turismo desestacionalizado e sostible: "Vai ser un ano espectacular dende o punto de vista turístico, as perspectivas augúrano así".

"Aquí en Galicia cabe todo o mundo non sobra ninguén. Temos que ter a intelixencia de cada vez atraer aos turistas durante máis meses ao ano", dixo o presidente do Goberno galego. 

O máximo mandatario autonómico enxalzou o valor cultural desta festividade que o ano pasado congregou a uns 200.000 visitantes.

En 2024, Galicia conseguiu récord histórico de visitantes con máis de 8,2 millóns que pernoitaron 13,6 millóns de noites. Ademais, destacou as cifras de turistas estranxeiros, que xa son o 30% do total: "Estes primeiros meses auguran que vai ser un 2025 espectacular. Cabe todo o mundo, non nos sobra ninguén", dixo Rueda.

Neste contexto, Alfonso Rueda reivindicou o aliciente da Arribada para descubrir o enclave de Ría de Vigo-Baixo Miño, que en 2024 rexistrou máis de 2 millóns de visitantes en 2024, un 3% máis; e o Camiño Portugués pola Costa, que xa achega o 15% dos peregrinos cara a Santiago e "está a ter un comportamento moi bo nos últimos anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade