Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre en Ourense a primeira oficina turística especializada en termalismo nunha estación do AVE

Abre en Ourense a primeira oficina turística especializada en termalismo nunha estación do AVE

A Deputación de Ourense presentouna este xoves na estación Empalme e entrará en funcionamento o día 20 de febreiro

Ofrecerá información física e dixital sobre os balnearios de Ourense e as súas ofertas ademais do programa Termalismo Social

G24.gal 13/02/2025 13:14

A estación de tren de Ourense conta coa primeira oficina turística termal de España. Ofrecerá aos viaxeiros información sobre a oferta de balnearios da provincia. Unha iniciativa da Deputación de Ourense coa que pretende captar mínimo o 5 por cento dos máis de 2 millóns de persoas que pasan anualmente pola estación Empalme. 

Nunha semana entra en funcionamento a primeira oficina turística especializada en termalismo nunha estación do AVE. O obxectivo é que os viaxeiros que cheguen en tren a Ourense coñezan os balnearios da provincia e as súas ofertas.

José Juan Cerdeira, xefe da Área de Benestar da Deputación de Ourense, explica o seu funcionamento: "Estará aberta 17 horas e calquera persoa que entre pode coller os folletos físicos e acceder a contidos dixitais a través de códigos QR, e pantallas con acceso a web de interese".

Tamén se informa sobre o programa de termalismo social da Deputación de Ourense, estancias de seis días nas que para xente de fóra pode incluír tamén a viaxe en tren. 

Ourense ten seis balnearios en activo, tres deles balnearios-hoteis, que contan cunhas 90.000 pernoitas anuais. O director xerente do Grupo Caldaria, propietario dos tres hoteis balnearios da provincia, di que é o mellor que lles pasou respecto á promoción dos balnearios, "nun foco de afluencia que é o máis importante de Ourense imos dispoñer dun lugar para ofrecer os nosos produtos aos usuarios".

Máis de 2 millóns de persoas pasan pola estación de tren de Ourense ao ano, o obxectivo da Deputación de Ourense é captar nesta oficina mínimo 100.000 usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade