Publicador de contidos

Publicador de contidos

Turismo polas paisaxes galegas de película

Turismo polas paisaxes galegas de película

A serie da galega 'Punto Nemo'  atrae visitantes ao Grove

Hostaleiros e comerciantes agradecen este tipo de promoción

G24.gal 16/04/2025 14:43

A paisaxe do Grove, a illa de Ons e o mar Atlántico forman parte da serie da galega 'Punto Nemo', que combina drama e misterio. Os que traballan cada día cos turistas saben que á hora de escoller destino, as series de ficción xogan un papel importante.

A serie 'Punto Nemo' tamén se ambienta na batería militar de porto Cuaces ou nas mesmas zonas onde adestra na vida real o exército para a campaña Antártica. Hostaleiros e comerciantes apuntan que é un reclamo importante para atraer visitantes.

Cada vez son máis as vilas galegas escollidas para a rodaxe de series e películas de ficción grazas á diversidade de paisaxes na comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade