'Orixes' é unha experiencia de realidade virtual no Gaiás que percorre a historia do planeta
A instalación é unha mostra do talento galego nun sector punteiro como a realidade virtual
Os centros escolares poden acceder de balde a esta experiencia
Orixes é unha aventura dixital para todos os públicos que nos achega á evolución do planeta dun xeito didáctico e innovador. Unha instalación de realidade virtual mixta que permite ver as persoas que están na sala ao mesmo tempo que desfrutas dunha experiencia sensorial de catro mil millóns de anos de historia da Terra.
Deseñouse atendendo aos criterios de inclusividade e accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas e incorporando elementos como chalecos táctiles de vibración, que melloran as sensacións ao percorrer varias grandes extincións da Terra e que amosa unha clara mensaxe.
A instalación é unha mostra do talento galego nun sector punteiro como a realidade virtual e un proxecto máis que busca situar a Galicia na vangarda deste eido co futuro Centro de Artes Dixitais.
As entradas xa están dispoñibles para a mostra que pode visitarse na Cidade da Cultura ata o 26 de outubro. Os centros escolares poden acceder de balde a esta experiencia que non deixa indiferente a ninguén