Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump di que non negociará con Zelenski e acúsao de estar "xogando" coa Terceira Guerra Mundial

Trump di que non negociará con Zelenski e acúsao de estar "xogando" coa Terceira Guerra Mundial

Os dous mandatarios protagonizan un tenso intercambio durante a reunión no despacho oval

Fontes da Casa Blanca aseguraron o acordo sobre explotación conxunta de recursos minerais quedou sen firmar tras o choque dos dous líderes 

Zelenski dá as grazas aos EUA tras a discusión con Trump na Casa Blanca

 

G24.gal 28/02/2025 19:53 Última actualización 28/02/2025 23:10

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, protagonizou un tenso intercambio co seu homólogo ucraíno, Volodímir Zelenski, no Despacho Oval da Casa Branca, onde lle advertiu de que non está en posición de impoñer condicións e acusoulle de "xogar" coa Terceira Guerra Mundial.

Trump e Zelenski levaban 30 minutos facendo declaracións ante a prensa, sentados un xunto ao outro no Despacho Oval, cando estalou a tensión nun momento no que interveu o vicepresidente J.D. Vance, que estaba nunha cadeira de brazos á esquerda do mandatario estadounidense.

"É unha falta de respecto que veñas ao Despacho Oval a tentar debater isto ante os medios estadounidenses", dixo Vance a Zelenski.

Vance continuou cuestionando ao líder ucraíno sobre os problemas de Ucraína para recrutar suficientes soldados e reprochoulle que cada vez que recibe a un líder estranxeiro no seu país fágao nun "circuíto propagandístico".

Zelenski afirmou que, mesmo se EE.UU. ten "un bonito océano" entre Europa e o seu territorio, usando un termo que Trump utilizou no pasado para referirse ao Atlántico, no futuro tamén "sentirá" eses problemas.

O comentario enfadou a Trump, quen interveu dicindo con ton duro: "Non nos digas o que imos sentir. Estamos a tratar de solucionar un problema. Non nos digas o que imos sentir".

"Non estás en posición de ditarnos o que imos sentir. Sentimos moi ben. Sentimos moi fortes. Agora mesmo, ti non estás nunha boa posición. Permitíchesche estar nunha mala posición", insistiu mentres Zelenski tentaba interromperlle.

"Non tes as cartas ao teu favor agora", continuou Trump, advertíndolle de que está "a xogar" coa vida de millóns de persoas e coa Terceira Guerra Mundial. "O que estás a facer é unha gran falta de respecto para este país", espetoulle.

Trump, visiblemente enfadado, díxolle que Ucraína "está en moitos problemas" e advertiu que "vai ser difícil facer un trato porque as actitudes deben cambiar".

Zelenski tentou rebaixar a tensión asegurando que xa expresara o seu agradecemento en varias ocasións e explicou que el non pensa en se ten "unha boa man ou non" na negociación, como suxería Trump, xa que é "o presidente dun país en guerra". 

"Xa falaches bastante. O problema é que che dei poder para ser un tipo duro e non creo que serías un tipo duro sen Estados Unidos", espetoulle Trump antes de despedir á prensa".

"Pode volver aos EUA cando esté listo para a paz"

Tras a reunión, Trump afirmou que non negociará con el, recriminoulle faltar " ao respecto" a EE.UU. e díxolle que pode volver a Estados Unidos cando "estea listo para a paz". Na súa mensaxe, Trump cualificou a reunión de "moi significativa".

"É incrible o que sae á luz a través da emoción, e determinei que o presidente Zelenski non está listo para a paz, porque cre que a nosa implicación dálle unha gran vantaxe nas negociacións", engadiu.

O mandatario argumentou que a súa intención non é dar "vantaxes" a ningunha das partes, senón lograr "paz". "Faltou ao respecto a Estados Unidos de América no seu prezado Despacho Oval. Pode volver cando estea listo para a paz", sentenciou.

O acordo de explotación conxunta non se firmou 

Foentes da Casa Blanca aseguraron que o acordo sobre explotación conxunta de recursos minerais ucraínos que debían asinar este venres non se rubricou despois do desencontro.

Os dous líderes tiñan previsto referendar este documento, considerado un paso previo para a firma dun acordo de paz entre Kiev e Moscova, pero o tenso encontro dialéctico entre ambos, que acabou con Zelenski abandonando a Casa Branca antes mesmo do xantar previsto, deu ao traste coa firma do texto.

O acordo establecía a creación dun fondo de investimento conxunto, financiado e xestionado por ambas as nacións, ao que Ucraína contribuiría co 50% dos beneficios futuros obtidos dos seus recursos naturais, incluíndo gas, petróleo e terras raras, claves para o desenvolvemento tecnolóxico e un sector actualmente dominado por China.

Zelenski dá as grazas aos EUA

O presidente ucraíno deu  as grazas “ao presidente de EEUU, ao Congreso e ao pobo estadounidense”, e afirmou que Ucraína traballa para “unha paz xusta e duradeira”.

Pola súa banda, o ministro de Exteriores ucraíno, Andrí Sibiga, destacou que Zelenski "ten a coraxe e a fortaleza de loitar polo correcto" e "por Ucraína e polo obxectivo dunha paz xusta e duradeira".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade