Monedero critica "a era das mentiras" e os políticos capaces "de queimar os amigos na fogueira"
O cofundador de Podemos, Juan Carlos Monedero, rompe o seu silencio desde as acusacións de abusos sexuais e sinala os seus compañeiros da formación morada e fala de mentiras e ambición
"Hai amigos, inimigos e compañeiros de partido". Así comeza Juan Carlos Monedero un vídeo enviado a unha canle mexicana en que utiliza a literatura e as súas metáforas para referirse aos responsables de Podemos. Monedero fala de mentiras e tamén da vileza da política.
E cre que todo forma parte dunha campaña contra el por defender a unidade da esquerda. "A división é profundamente reaccionaria. A nosa incapacidade para encontrarnos é un enorme fracaso".
Desde Sumar alertan de que as acusacións de abusos sexuais causan un dano irreparable á esquerda. "O retroceso que estamos vivindo é moi profundo", advirte Yolanda Díaz.
E desde Podemos defenden que actuaron con dilixencia. "Hai ganas de contar que desde Podemos todo mal. Pero creo que se actuou correctamente", defende a secretaria xeral Ione Belarra, que di que sempre estarán coas vítimas.