Podemos xustifica a súa actuación no caso Monedero na confidencialidade reclamada polas denunciantes
Podemos xustifica a súa actuación no caso Monedero na confidencialidade reclamada polas denunciantes
Desde Sumar din que a situación é grave e que a violencia machista transcende os partidos
As acusacións de dúas mulleres contra Juan Carlos Monedero por suposto acoso sexual activaron de inmediato o protocolo de Podemos. É o que defende a formación morada.
"Apartar a Monedero de todos os actos de Podemos para garantir que a nosa organización sexa un espazo seguro para as mulleres", explica Pablo Fernández, Portavoz de Podemos.
Juan Carlos Monedero segue sendo, con todo, militante de Podemos. Din desde a formación que as vítimas rexeitaron seguir adiante coas denuncias, o que imposibilitou actuar neste caso.
"Pídennos confidencialidade, discreción e anonimato nin facemos unha inspección, nin facemos nada público".
Desde Sumar cren que as acusacións contra Monedero causan un dano irreparable. E din que a violencia machista non vai de partidos.
"Ningunha frivolidade con isto. O retroceso que estamo vivindo é moi profundo", di Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno.
A plataforma cidadá Xuntos vai denunciar ante a Fiscalía a actuación das responsables de Podemos Irene Montero, Ione Belarra e Ángela Rodríguez, por un suposto encubrimento deste caso.