Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Ben acada a súa mellor marca persoal nos 800 metros

Adrián Ben acada a súa mellor marca persoal nos 800 metros

Cun tempo de 1:45.39 gañou en Madrid e demostrou o seu gran momento de forma

G24.gal 28/02/2025 22:44

O viveirense Adrián Ben, campión de Europa en pista cuberta en 2023, non defraudou no único 800 que correu esta temporada na que se centrou nos 1.500. Impúxose en Madrid cun tempo de 1:45.39, a súa mellor marca perssoal. 

Un rexistro que lle permitiu ao galego, finalista nesta distancia nos Xogos Olímpicos de Toquio, subir á sexta praza da clasificación europea do ano que lidera o tamén español Elvin Josué Canales cun tempo de 1:44.65. 

"Viña a intentar facer marca persoal e conseguino. Quería que se vira todo o traballo que fixera en Sudáfrica porque adestrando ía como un avión", confesou Adrián Ben despois de rematar a proba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos