Duelo de dinámicas contrapostas en Montilivi
O Celta chega despois de sumar sete dos últimos nove puntos e o Xirona está logo de perder cinco dos últimos seis encontros
O Xirona e o Celta mídense este sábado en Montilive con dinámicas opostos. Os locais encadean cinco derrotas nos últimos seis partidos e o equipo vigués, cun punto máis na clasificación xeral, meteuse na metade da táboa despois dunha boa xeira que alimenta as opcións de xogar en Europa a vindeira temporada.
Os de Míchel veñen de perder contra o Real Madrid (2-0). O mal momento do equipo catalán contrasta cos de Claudio Giráldez. Sumou sete dos últimos nove puntos en xogo. Distanciouse do descenso e soña coa sexta posición, que ten só a tres puntos. O que ten que mellorar é o rendemento lonxe de Balaídos.
Agárdase que o técnico porriñés volva mover o once titular á procura desa ansiada vitoria como visitante, algo que non acontece desde o 6 de outubro no campo de As Palmas (0-1). A gran dúbida é saber se Aspas comezará o partido como titular. O capitán foi determinante nas últimas xornadas pero saíndo desde o banco. Seus foron os goles diante do Atlético no Metropolitano e o da vitoria diante do Osasuna en Balaídos.
Asubía Ortiz Arias, o colexiado que expulsou a Mingueza no partido contra o Athlétic por chamarlle "chulo".