Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez entende o enfado de xogadores e afección polos horarios, pero non o ve como "unha escusa"

Giráldez entende o enfado de xogadores e afección polos horarios, pero non o ve como "unha escusa"

Foto Celta
G24.gal 28/02/2025 14:44 Última actualización 28/02/2025 14:53

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, eloxiou este venres o Xirona, o seu rival mañá en Montilivi, onde os celestes buscarán romper a súa serie de oito partidos sen gañar a domicilio en Liga.

“O Xirona é un equipo que, persoalmente, gústame moito, polo que teño especial debilidade. Xera un fútbol moi atractivo, moi vistoso, moi difícil de defender, con moita superioridade numérica na construción do xogo, cunha mobilidade brutal, con moito xogador por dentro”, afirmou en rolda de prensa.

Giráldez confía en confirmar a melloría a domicilio.

"Creo que fixemos partidos bos fóra no que vai de ano, de 6 perdemos dous por un gol, empatado 2 do últimos 3 e sensación de poder gañar todos"

Giráldez ten claro que o seu equipo necesitará “agresividade defensiva” e unha “importante capacidade de reordenarse” para controlar a un rival que sente moi cómodo cando ten o balón no seu poder.

“Oxalá podamos facerlles sufrir correndo detrás da pelota. Vai ser un partido moi difícil, moi esixente no plano de presión e no plano físico”, avisou o técnico celeste.

“Temos que estar moi xuntos, moi atentos e cun nivel de agresividade moi alto”, insistiu Giráldez, que eludiu confirmar se Aspas será titular.

“Cada día está mellor. Creo que as sensacións nos partidos que xogou foron boas e está nese proceso de poder ser titular en período curto de tempo”.

O Celta volverá xogar un partido ás 14:00 horas.

"Non é o mellor horario para os xogadores polas súas rutinas. Somos profesionais e non é escusa".

"Non é un horario agradable para a afección, a min no me gusta o luns".

Hugo Álvarez ten a alta médica e xa entrou na convocatoria.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade