Fran Alonso: "O corpo técnico fixo algúns números, eu non os quero escoitar"
Fran Alonso asegurou na conferencia de prensa previa ao choque ante o Español, que "a sensación é de moitísima confianza"
Despois de dúas semanas, volve o Deportivo á competición. E faino coa idea de manter, ante o Español, a serie de cinco partidos como invicto.
Fran Alonso asegurou na conferencia de prensa previa ao choque que "a sensación é de moitísima confianza". Cada vez quedan menos xornadas, tempo de facer números.
"O corpo técnico fixo algúns números, eu non os quero escoitar. O importante para min é a dinámica boa, e estamos ben no tema das lesións nesta parte decisiva".
"Non me gusta facer números, o obxectivo son os tres puntos".
O Deportivo viaxa para xogar ante o Español, rival directo.
"É un equipo que está nunha dinámica negativa. Pero está ben traballado, é un equipo directo e vertical, teñen moi traballadas as caídas, son moi perigosas na transición e poden facer moito dano. Xeran moito perigo aínda que non fixeron moitos goles".