Heurtel: "Sei quen son, sei como podo xogar, o que podo facer e o que non"
O francés cre que o partido do Leyma ante o Lleida "é unha final"
Thomas Heurtel leva pouco máis dun mes e medio defendendo a camiseta do Leyma Básquet Coruña, pero xa sabe o que é recoller o premio Estrella Galicia ao mellor xogador do conxunto coruñés. Así o decidiron os afeccionados laranxas, que recoñeceron cos seus votos o impacto positivo do francés no xogo do equipo durante o mes de febreiro.
"Estou agradecido, pero gustaríame máis se conseguísemos as últimas vitorias", declarou o base.
O galo superou Atou Diagne e Goran Huskic, finalistas. Heurtel aproveitou a parada ligueira para traballar na súa condición física e dar un paso adiante a nivel individual.
"Síntome ben. O plan era máis físico que en pista estas semanas, pero xa empecei co equipo e síntome cómodo", afirmou.
O xogador é consciente de que aínda non está "ao 100 %" do seu nivel, pero asegura que vai "mellorando aos poucos". A confianza en si mesmo mantena intacta.
"Se quen son, se como podo xogar e se o que podo facer e o que non. Nese sentido non teño problemas", recoñeceu en sala de prensa.