Dobre enfrontamento galego-catalán na xornada ACB
O Leyma recibe ás 18:00h de hoxe ao Lleida no Coliseum
O Breogán visita mañá (17:00h) o Palau
Agora... momento de verdade pro Leyma. Pechacancelas. A dúas vitorias da permanencia. Coa necesidade de superar a un rival directo como Lleida pra manterse na pelexa. Chega coa baixa de Lima e con Ángel Núñez, a última fichaxe, en disposición de xogar. Partido clave.
Ás seis no Colisseum, Leyma-Lleida. E mañá ás cinco no Palau o Breo volver topar co Barça. Alí gañou a campaña pasada e esta temporada logrou superalos tamén no Pazo, 77-70, con papel estelar de Moore. O Breo chega con todos e o Barça tocado. Cun feixe de baixas e cunha marcha decepcionante, con derrota entresemana na Euroliga.
Mañá ás cinco, Barça-Breogán. E todo na semana na que a Deputación confirmou que aprobou unha partida de 600.000 euros pra arranxa-la cuberta e acabar cos problemas de humidade.