O Celta empata en Montilivi (2-2) e suma a 4ª xornada sen perder
O equipo de CLaudio Giraldez remontou cos tantos de Íker Losada e Marcos Alonso
Yangel Herrera asinou o empate a dous final
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Montilivi: Xirona-Celta
Este é o XI inicial de CLaudio Giráldez para o partido:
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#GironaCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/W4CR4dEyAJ
— RC Celta (@RCCelta) March 1, 2025
E este é o XI inicial co que comeza o Xirona
𝐄𝐋 𝐍𝐎𝐒𝐓𝐑𝐄 𝐎𝐍𝐙𝐄! ❤️🤍#GironaCelta pic.twitter.com/TvaSOKccaA
— Girona FC (@GironaFC) March 1, 2025
Comezou o partido en Montilivi. Xirona 0-0 Celta
Primeira ocasión do Celta. Centro desde a dereita que remata Williot desde o punto de penalti. O balón sae frouxo ás mans de Gazzaniga
Lesionado Williot ao sufrir unha picada nunha carreira. Non pode continuar, e entra Alfon no seu lugar
Gol do Xirona. Tiro ao pau de Oriol Romeu, e no rexeitamento, o balón acáballe chegando a Tsygankov, que abre a conta. Xirona 1-0 Celta
Remate de Alfon desde a esquerda da área, para abaixo Gazzaniga
GOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!! Xogada pola dereita, con centro de Carreira e remate de Íker para estrearse como goleador celeste nesta nova etapa. Xirona 1-1 Celta
Falta perigosa que lanza abaixo Tsygankov e, con atrancos, Guaita despexa a córner
Descanso en Montilivi. Xirona 1-1 Celta
Comeza a segunda metade en Montilivi. Xirona 1-1 Celta
GOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!! Penalti de David López sobre Alfon, e Marcos ALonso transfórmao no segundo do equipo vigués. Xirona 1-2 Celta
Remate abaixo de Sergio Carreira, e detén Gazzaniga
Remate de Ilaix desde a frontal, e o balón marcha lixeiramente por riba do traveseiro
Gol do Xirona. Empata o equipo catalán cunha cabezada de Yangel Herrera á saída dun córner
Gran remate de Alfon desde a frontal, toca o xusto Arnau para evitar o gol e enviar a córner
Paradón de Guaita sobre a liña de gol para evitar o gol de Stuani nunha boa contra do Xirona
Sacude o dominio local o Celta cunha boa contra, con centro de Alfon desde a liña de fondo que Carreira volea alto
Final do partido en Montilivi. Empate s dous que lle vale o Celta para encadear catro xornadas sen coñecer a derrota