O Leyma Coruña rencóntrase coa vitoria contra un rival directo, o Lleida, que queda a un triunfo
Quinta vitoria dos coruñeses, que sempre levaron a iniciativa no marcador
Taylor foi o MVP con 29 de valoración
Triunfo vital do Leyma, triunfo para rachar unha mala xeira, triunfo ante un rival directo para engancharse á loita pola permanencia. O triunfo ante o Lleida cimentouse nun gran primeiro cuarto no que acadaron 13 puntos de renda liderados por Trey Thompkins, 11 puntos neses dez minutos. Rematou con 17, o máximo anotador do seu equipo.
O Leyma só estivo por debaixo no marcador 12 segundos ao comezo do partido. Chegou a ter 22 puntos de vantaxe e rematou 13 arriba, 97-84. Pero o Lleida enganchou un parcial de 5-20 no segundo cuarto, colocouse a tres e levou o nerviosismo á bancada. O tempo morto de Epi curtou a reacción, Ao igual que no ao comezo do segundo tempo. Cando os visitantes volveron apertar o electrónico, os galegos tiraron do lanzamento de tres para evitar disgustos.
Taylor, con 29 de valoración, foi o MVP do partido, catro xogadores do Leyma anotaron máis de dez puntos.
A quinta vitoria da temporada devolve a ilusión o equipo coruñés que mantén vivo o soño de seguir unha temporada máis na ACB