Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epi: "Somos conscientes de que é un partido importante, nótase na contorna"

Epi: "Somos conscientes de que é un partido importante, nótase na contorna"

O Leyma recibe o sábado ao Lleida, un rival directo na pelexa pola salvación

Foto Leyma Coruña
G24.gal 27/02/2025 11:40 Última actualización 27/02/2025 11:46

O adestrador do Leyma Coruña, Diego Epifanio, repasou a actualidade do club laranxa nunha semana moi importante para o equipo. Reciben o sábado o Lleida, un rival directo na pelexa pola salvación.

O Leyma é pechacancelas, a dous triunfos do Xirona, Granada e do seu rival desta xornada, ao que xa venceu na ida.

"Xa houbo moitos titulares desde que estou aquí. O partido máis importante da historia do club xa non sei cantas veces o xogamos".

Con todo, é consciente da importancia da cita ante os cataláns.

"As contas da leiteira non poden ir máis aló do partido a partido".

"Somos conscientes de que é un partido importante, nótase na contorna".

Os de Epi acumulan nove derrotas seguidas. Regresa a competición tras unha parada de dúas semanas, a primeira pola Copa do Rei e a segunda polos partidos de seleccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade