Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sako non se fía dun Barça vulnerable: "A chave é que imos ir con mentalidade de gañar o partido"

Sako non se fía dun Barça vulnerable: "A chave é que imos ir con mentalidade de gañar o partido"

O conxunto dirixido por Joan Peñarroya aparece na sétima posición da táboa clasificatoria con 11 vitorias e 9 derrotas

Foto Breogán
G24.gal 27/02/2025 13:11 Última actualización 27/02/2025 13:16

Os números din que este Barça é o máis vulnerable dos últimos 30 anos. A súa posición na táboa clasificatoria, o seu número de vitorias e a súa cantidade de puntos en contra son os peores a estas alturas do campionato desde a tempada 1994/ 1995, cando a Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) apostou polo actual formato de competición.

"Sako: O Barça sempre é perigoso. A chave é que imos ir con mentalidade de gañar o partido".

"Xogar duro como o estamos facendo nos últimos partidos".

Despois de 20 xornadas disputadas, o conxunto dirixido por Joan Peñarroya aparece na sétima posición da táboa clasificatoria con 11 vitorias e 9 derrotas.

Entre as razóns que alimentan as esperanzas breoganistas para esa visita ao Palau tamén está o feito de que os locais non poderán contar coa súa grande estrela, Kevin Punter. Os cataláns xa caeron na primeira volta no Pazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade