Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tito Díaz: "O equipo está con confianza, os triunfos axudan

Tito Díaz: "O equipo está con confianza, os triunfos axudan

O Río Breogán presentou ao home interior que buscaba: Boubacar Touré

G24.gal 11/02/2025 15:15 Última actualización 11/02/2025 15:24

O Río Breogán presentou ao home interior que buscaba: Boubacar Touré. Trátase dun pivote senegalés de 29 anos e de 2,13 metros de altura. O novo reforzo do club lucense procede dos Liaoning Flying Leopards chineses, pero coñece ben a Liga Endesa, xa que a tempada pasada militou no Valencia Básket.

Touré chega a Lugo para cubrir o posto que deixou a marcha de John Egbunu, que recentemente abandonou a disciplina celeste. Na liga de China, as súas estatísticas foron lixeiramente inferiores.

O director deportivo do Breo, Tito Díaz, que levou e pechou a operación, está moi satisfeito con esta contratación, que considera "todo un luxo" para o club lucense. 

Tito Díaz valou o momento da temporada xusto antes do parón.

 

"Oito vitorias están ben, non chegan. Sitúanos no final con opcións"

"O equipo está con confianza, os triunfos axudan. Irreprochable actitude de xogadores"

O próximo rival do Breogán será o FC Barcelona

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade