Cargando resultados...
Doncic estréase con vitoria nos Lakers no medio dunha grande expectación
Foi titular contra Utah e anotou 14 puntos
G24.gal
11/02/2025 07:22
Doncic pisou por primeira vez a pista dos Lakers co número 77. O esloveno, recibido cunha enorme ovación, foi titular a carón de LeBron, Austin Reaves, Rui Hachimura e Jaxson Hayes. O partido foi un recital de principio a fin para o equipo dos Ánxeles, que gañou por un cómodo 132-113 a Utah Jazz. Luka Doncic asinou 14 puntos, 4 rebotes e 5 asistencias. LeBron James foi o máximo anotador do encontro con 24 puntos.