Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubiales declara no xuízo polo bico non consentido a Jenni Hermoso

Rubiales declara no xuízo polo bico non consentido a Jenni Hermoso

O expresidente da Federación Española de Fútbol declara ante o xuíz como acusado polos delitos de agresión sexual e coaccións á xogadora 

Na vista tamén declararán o exseleccionador Jorge Vilda, o exdirector deportivo Albert Luque e o ex-xefe de márketing da RFEF Rubén Rivera

directo O expresidente da RFEF Luis Rubiales, á súa chegada este martes á Audiencia Nacional (Eduardo Parra / Europa Press)
G24.gal 11/02/2025 08:31

O expresidente da Federación de Fútbol Luis Rubiales senta este martes fronte ao xuíz que o xulga por delitos de agresión sexual e coaccións para dar a súa versión do bico nos beizos que deu á xogadora Jenni Hermoso tras a final do Mundial en 2023 e que ela asegura que non consentiu. 

A sétima xornada do xuízo que acolle estes días a Audiencia Nacional estará protagonizada polos catro acusados: Luis Rubiales e tres exdirectivos federativos próximos a el, acusados de coaccionar a Jenni Hermoso para que dixese que o bico foi consentido. Previsiblemente tomarán a palabra tras finalizar a fase pericial. 

A clave está no consentimento

Antes da intervención de Luis Rubiales, declararán no xuízo varios peritos sobre o informe de lectura de beizos das palabras que o expresidente federativo asegura que pronunciou antes de bicar a Jenni Hermoso e sobre a autenticidade do vídeo analizado.

Esta mañá, Rubiales ofrecerá a súa versión do ocorrido. Asegura que non cometeu ningún delito e que pediu permiso á xogadora para bicala nos beizos durante o saúdo de autoridades, tras a vitoria do Mundial en Sidney de agosto de 2023, algo que a internacional declarou que nin percibiu nin consentiu.

No seu escrito de defensa, mantén que Jenni Hermoso lle deu o seu "consentimento" e xustifica o bico como "unha manifestación de euforia, de máxima alegría e satisfacción", á vez que nega coaccionala. Unha versión diametralmente oposta á que deu a xogadora.

Xunto a Rubiales, declararán na sesión o exseleccionador Jorge Vilda, o exdirector deportivo da Selección masculina Albert Luque e o ex-xefe de márketing da Federación Rubén Rivera. Os tres negaron facer presión sobre a xogadora ou a súa familia. Enfróntanse a unha petición de pena dun ano e medio de cárcere por un delito de coaccións, mentres que as acusacións piden para Rubiales un ano máis, dous anos e medio en total, por agresión sexual e coaccións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade